A Xbox One mellorará o seu rendemento até un 10% co seu novo SDK
xoves, 5 de xuño do 2014
- O modelo de Xbox One sen Kinect podería ter alixeirado o lastre da consola de Microsoft (en prezo e potencia)
Esta semana Phil Spencer deu conta de que estaban a remitir
un novo kit de
desenvolvemento para Xbox One que facilitaba o “acceso a un maior largo de
banda de GPU”, o que melloraría o rendemento dos xogos, o que sería
consecuencia de que a partir da vindeira semana existirá un modelo da nova
consola que non contará co sensor Kinect, o que permite a liberación dos
recursos que emprega o accesorio, e que permitirá crear mellores xogos.
Esta información desatou moitos comentarios na Internet, no que o sentir xeral
é que Kinect estaba a ser unha rémora para a Xbox One, pois nos últimos meses
non foron poucos os xogos que presentaban un nivel técnico moi superior na súa
versión para PlayStation 4, o que agora enténdese que era por culpa, en boa
medida, de Kinect, dispositivo que de limitarse a ser un accesorio opcional
podería non ter lastrado os primeiros anos de vida da consola de Microsoft.
A liberación de novos recursos de GPU supón que os
xogos poden mellorar ata un 10%, o que podería levar a que se incremente o
número de xogos que poidan gozar de gráficos a 1.080p e 60 imaxes por segundo,
aínda que dende Microsoft deixan claro que gozar destes novos recursos é algo
que dependerá dos desenvolvedores e non do feito de que o sensor Kinect estea
enchufa ou non á consola. Ou sexa, que tardaremos meses en poder ver títulos
que realmente aproveiten o novo potencial de Kinect, de xeito que dificilmente
poderemos ver na feira E3 exemplos disto, pero que, de cara á campaña de Nadal,
podería reducir a distancia entre a Xbox One e a PlayStation 4.