A Xbox One permite o uso de discos duros externos mediante a súa nova actualización
mércores, 4 de xuño do 2014
Nas últimas
horas Microsoft comezou a distribuÃr unha nova
actualización do software de sistema da Xbox One, incorporando novas
funcionalidades moi demandadas polos usuarios, como a posibilidade de ampliar a
capacidade interna de almacenamento da consola mediante almacenamento externo,
ao que súmanse outras caracterÃsticas como un mellor soporte de SmartGlass e a
posibilidade de empregar o nome real en Xbox LIVE. Estes cambios tamén afectarán parcialmente á Xbox 360, e estarán
dispoñibles para todas as consolas do planeta ao longo desta semana.
Con esta actualización tamén chegan os novos Games with Gold para os usuarios de pagamento de Xbox LIVE, que
recibirán a partir de hoxe de balde na Xbox One os xogos Max: The Curse of Brotherhood e Halo:
Spartan Assault¸o que supón a estrea deste servizo de xogos na última
consola doméstica de Microsoft.
Repaso das novidades que chegan á Xbox One coa súa última actualización