A Xbox One permitirá compartir xogos descargados e o servizo LIVE Gold
venres, 9 de agosto do 2013
Tras o primeiro unboxing da Xbox One, Microsoft
quere seguir a detallar como será o lanzamento da súa nova consola de
videoxogos, e hoxe detalla un
par de detalles moi interesantes para os fogares nos que serán varias as
persoas que usarán a consola.
Por unha banda anuncian que os xogos que se merquen como descarga dixital comportaranse
como copias fÃsicas, de xeito que na consola na que estean instalados non será
preciso identificarse co gamertag do
usuario que o adquiriu, senón que poderán gozar do mesmo outros usuarios. Outra
grande vantaxe que terá esta modalidade de compra é que será posible comezar a
xogar a un tÃtulo antes de completar a súa descarga.
Pero a cousa non queda aÃ, senón que tamén advirten que os beneficios da
subscrición a Xbox LIVE Gold non se limitarán a o usuario que contrata o
servizo, senón que o resto de membros do fogar tamén poderán xogar en liña,
compartir as súas mellores xogadas en vÃdeo ou navegar pola web empregando o
Internet Explorer sen ter que facer un cargo adicional, pois estas
funcionalidades están incluÃdas no que dan en chamar Home Gold.
Un detalle curioso deste último punto é que tamén funciona fóra do noso
domicilio, de xeito que se imos a casa dun amigo e nos identificamos na súa
consola, tanto nós como o resto de usuarios do equipo poderán gozar do servizo
Xbox LIVE Gold mentres permanezamos identifcados.