A Xbox One podería permitir probar xogos completos durante 24 horas

venres, 22 de agosto do 2014 Marcus Fernández

A Xbox One de Microsoft está a prepararse para recibir distintas novidades que están a probarse a través do seu programa Beta, entre as que algúns usuarios descubriron unha funcionalidade non anunciada que respondería o nome de Free Play Day with Gold, e que permitiría a descarga de xogos completos para poder gozar dos mesmos durante 24 horas, o que podería ser un xeito bastante fiable de probar títulos antes da súa compra, especialmente para xogos que carecen de versión de demostración.
O equipo de servizo técnico da Xbox recoñeceu a través de Twitter que están a probar esta nova funcionalidade, e que en breve darán máis detalles sobre a mesma de xeito oficial, dando a impresión de que non se trataría dunha opción para todos os xogos, senón unha opción máis para a súa promoción (xa que polo momento limítase a Max: The Curse of Brotherhood).

PUBLICIDADE