A Xbox One rebaixa o seu prezo durante o mes de xullo
xoves, 2 de xullo do 2015
O último
vÃdeo promocional da consola Xbox One no que figuran os xogos que estarán
dispoñibles para a consola de Microsoft durante os vindeiros meses, conformando
o mellor catálogo de cara á campaña de Nadal deste ano, inclúe un faldón cun
anuncio no que anuncian unha interesante promoción para facerse coa consola de
nova xeración, que será a súa rebaixa oficial de prezo de 399,99 a 359,99 euros
durante todo o mes de xullo.
AÃnda que pode dar a impresión de que rebaixa de 40 euros pareza que serÃa o
equivalente a regalar un xogo coa compra da consola, realmente non é asÃ, xa
que a baixada de prezo non afecta só á consola solta, senón que tamén afecta a
varios dos lotes, como o que
inclúe Rayman Legends, Assassin’s Creed Unity e Assassin’s Creed IV: Black Flag, o
que vén con Halo: The Master Chief
Collection e o de Sunset Overdrive (edición que vén coa
consola en cor branca).
Por desgraza, quedarÃan fóra da promoción o pack da consola Xbox
One co xogo The Witcher: Wild Hunt
e, a nova
Xbox One con disco duro de 1 TB, que mantén un prezo de 449,99 euros.
Con esta oferta Microsoft busca dinamizar as vendas no verán, á vez que tamén
busca captar usuarios para Xbox One co reclamo de que este ano a PlayStation 4
carecerá de grandes lanzamentos exclusivo, mentres que a consola de Microsoft
contará con tÃtulos como Halo 5:
Guardians, Forza Mostorsport 6 e Rise of the Tomb Raider, á vez que tamén
recibirá a retrocompatibilidade con xogos de Xbox 360.
Último vÃdeo promocional da Xbox One