A Xbox One remonta as súas vendas nos EE.UU.
venres, 14 de marzo do 2014
Que no mes de xaneiro a
PS4 conseguise vender preto do dobre que a Xbox One nos EE.UU. poderÃa
parecer unha nova alarmante para Microsoft, pero a compañÃa norteamericana
mantiña a súa confianza no lanzamento do xogo Titanfall como motor de vendas da súa consola, e parece que os
cálculos non saÃron demasiado mal pois, pese a que a súa consola é
considerablemente máis cara que a de Sony, no
mes de febreiro NPD Group está a rexistrar un estreitamento da distancia nas
vendas de ambas máquinas, de xeito que a Xbox One terÃa vendido 258.000 unidades
e a PS4 preto de 287.000.
Dado que o
lanzamento de Titanfall aÃnda foi
esta mesma semana, pódese prever que as vendas da Xbox One en marzo poidan
superar ao da PS4 nos EE.UU., resultando máis difÃcil de prever a situación en
Europa, onde tradicionalmente Sony ten moita máis forza.
Os datos de NPD Group tamén parecen pór en dúbida os auspicios para o sector
que apuntaban á desaparición das consolas de videoxogos tradicionais pola
emerxencia dos smartphones e os tablets, pois as vendas de hardware terÃan
experimentado un incremento interanual do 42% e mensual do 44%, aÃnda que onde
si houbo erosión foi nas vendas de xogos, que caeron un 11% interanual (o que
contrasta cun incremento mensual do 41%). Este comportamento errático poderÃa
xustificarse por estarmos ante un momento de cambio de xeración de consolas.
Por outra banda, o escenario actual está a pintar mal para Nintendo, que tras
arrasar coa Wii ve como a súa sucesora non calla, tendo
que conformase a Wii U con vender só 82.500 consolas no mes de febreiro, que
curiosamente é un dos mellores resultados desta máquina grazas ao pulo que
supuxo o lanzamento do xogo Donkey Kong
Country: Tropical Freeze (que superou as 130.000 copias vendidas).