A Xbox One renova o seu software de sistema
xoves, 12 de novembro do 2015
Hoxe é un dÃa moi importante para os usuarios de Xbox One,
xa que a consola
de Microsoft inicia a New Xbox One Experience, ou sexa, unha renovación do
seu software de sistema, que non se limita a ser unha mera actualización, senón
que é toda unha revolución xa que o bebé vén con Windows 10 e a
retrocompatibilidade con Xbox 360 debaixo do brazo, novidades que supoñen unha
importante mellora no desempeño da consola, o incremento do catálogo de xogos
compatibles e a apertura de novas posibilidades co software que irán
desenvolvéndose nas vindeiras semanas.
Despois de instalar a actualización de hoxe estreouse a posibilidade de gozar
de xogos de Xbox 360 na Xbox One, tanto dos que teñamos en disco como dos que
compraramos en formato dixital, podendo incluso gozar das funcionalidades en
liña destes xogos (é posible xogar en rede entre ambas plataformas) pero
contando coas funcións avanzadas de Xbox One (como tomar capturas de pantalla
ou gravar vÃdeo coas nosas partidas).
A interface da Xbox One tamén mudou considerablemente axilizando o acceso a
funcións sociais e a contidos multimedia, á vez que a Tenda tamén mudou para
facilitar a localización de contidos que sexan do noso interese. Agora tamén
poderemos ver os avatares de Xbox 360 en Xbox One, contaremos con novos centros
de xogo, poderemos reasignar as funcións do mando sen fÃos da Xbox One (para
personalizar a nosa experiencia de xogo cambiando a posición dos botóns,
intercambiando os gatillos ou invertendo os sticks analóxicos) e tamén se
estrean novos xeitos de navegar e interactuar coa Xbox One (as funcións de
Narrador, Lupa e alto contraste propia dos equipos de escritorio están agora
dispoñibles na consola).
AÃnda que a actualización da Xbox One leva Windows 10 debaixo do capó, aÃnda
non é algo do que os usuarios poidamos tirar un proveito completo, de xeito que
estamos só ante un primeiro paso dentro desta nova experiencia que nas
vindeiras semanas mellorará substancialmente, de xeito que chegaremos a poder
instalar aplicacións universais de Windows 10 na consola.
VÃdeo no que Larry Hryb e Mike Ybarra amosan a nova interface da Xbox One