A Xbox One poderase mercar co xogo Assassin’s Creed Unity

mércores, 15 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Microsoft e Ubisoft anunciaron hoxe que o 4 de novembro sairán á venda en Europa un par de lotes da consola Xbox One (con ou sen o sensor Kinect por 399 e 499 euros respectivamente) que incluirá o novo xogo Assassin’s Creed Unity xunto ao anterior Assassin’s Creed IV: Black Flag, que estarán dispoñibles como descarga dixital e son unha boa oportunidade para facerse coa consola de Microsoft xunto a un par de títulos que garantes moitas horas de lecer. Cómpre destacar que o xogo Assassin’s Creed Unity non poderá descargarse até o 13 de novembro, que é a súa data de lanzamento oficial.
Dende Microsoft confirman que o lote básico tamén incluirá o xogo Rayman Legends sen custo adicional, o que é un interesante incentivo para facerse con este paquete de consola + xogos, xa que trátase dun dos mellores títulos de plataformas dos últimos anos. Por outra banda, Microsoft tamén dá conta de que a versión do lote con Kinect incluirá o xogo Dance Central Spotlight, que é o xogo de referencia para o sensor de movementos de Microsoft (e está valorado en 9,99 euros).


Vídeo promocional do lote de Kinect cos últimos Assassin’s Creed

PUBLICIDADE