A Xbox One terá unha edición limitada de Forza 6 con 1 TB de disco duro
xoves, 25 de xuño do 2015
Esta semana saÃu á venda en España a Xbox
One cun disco duro de 1 TB de capacidade a un prezo
oficial de 449,99 euros, pero os
interesados en facerse cunha da consolas de Microsoft en moitos casos deberÃan
pensar se lles compensa facerse con esta versión básica do novo modelo, xa que
está previsto que tras o verán chegue ás tendas incluÃndo algún xogo sen custo
adicional, e o primeiro lote confirmado deste tipo é a edición
limitada da Xbox One co xogo Forza
Motorsport 6, que xa pode reservarse nos EE.UU. e que chegarÃa ao mesmo
tempo que o agardado xogo de condución (que ten prevista a súa chegada a España
o 18 de setembro).
Pero facerse con este lote da consola non só supón aforrar os 69,99 euros que
custa Forza
Motorsport 6, senón que tamén permite gozar dunha versión da consola
moi rechamante, cunha cor azulada inspirada no estilo dos coches deportivos, un
mando da mesma cor (que incluirÃa o novo conector de auriculares) e cun detalle
moi especial: o acendido e o apagado da consola (asà como a pulsación do botón
de Eject da unidade de Blu-ray) virá acompañado con sons de motor de automóbil
en vez dos habituais sons da Xbox One.
Podemos ver os detalles desta fermosa versión da Xbox One no seguinte vÃdeo: