A Xbox Series X chegará con 1 TB de almanamento SSD
luns, 16 de marzo do 2020
A vindeira consola de Microsoft, coñecida polo momento como
Xbox Series X, está cada vez máis preto de ser unha realidade, e despois de que
hoxe desvelasen
a súas especificacións técnicas e os seus compoñentes internos, temos que
practicamente as únicas incógnitas sobre esta máquina son a data e prezo de
lanzamento, xunto con seu catálogo de xogos de saÃda.
Os apuntes realizados hoxe confirman que estamos ante unha consola moi potente,
capaz de correr xogos en 4K a 60 imaxes por segundo sen que os desenvolvedores
teñan que realizar concesións, sendo incluso posible que algúns xogos poidan
correr a 120 fotogramas por segundo. Esta grande potencia conseguirÃase grazas a
un procesador AMD Zen 2 de 8 núcleos (fabricado con tecnoloxÃa de 7 nanómetros)
cunha gráfica RDNA 2 cunha potencia de 12 TFLOPS.
A consola estarÃa equipada con 16 GB de RAM GDDR6 e con almacenamento SSD NVME
de 1 TB que poderÃa ampliarse mediante unha tarxeta de expansión de 1 TB de
almacenamento, soportando tamén discos duros externos USB 3.2 e integrando unha
unidade Blu-ray 4K (como xa fan as actuais Xbox One S/X).
A consola farÃa un especial fincapé na velocidade, minimizando
todos os retardos posible, dende os periféricos (o retardo das teclas do mando
serÃa duns 2 milisegundos) até a pantalla (soportando HDMI 2.1 con tecnoloxÃas
de baixa latencia, sincronización instantánea con velocidade de refresco
variable e velocidades de refresco de até 120 fotogramas por segundo), apoiando
todo nun software orientado precisamente nesa axilidade de caracterizará á nova
xeración de consolas. De feito, aseguran ter colaborado cos principais
fabricantes de televisores durante os últimos dous anos para garantir que o
ecosistema da electrónica de consumo estea listo para este novo escenario, polo
que atoparemos televisores capaces de funcionar duns xeitos que até o momento
só podÃan conseguirse en monitores gaming.
Aparte de grandes velocidades de carga e reducidos tempos de resposta, a nova
Xbox presume moito da nova tecnoloxÃa de Quick Resume, que permitirá deixan
en suspensión varios xogos para continuar as partidas máis adiante case ao
instante, podendo incluso saltar rapidamente entre os mesmos, evitando asà os
longos procesos de carga que antes eran necesarios para iniciar unha partida.
Estes estados da consola almacénanse na unidade SSD da mesma, de xeito que é posible
reiniciar a máquina e incluso instalar actualizacións sen perder estes estados
que permitan retomar as partidas a grande velocidade, o que posiblemente sexa
unha das caracterÃsticas que máis agradecerán os usuarios.
Outro elemento polo que destacou Microsoft nos últimos anos, e sobre o que continuará
esforzándose é na retrocompatibilidade, prometendo que a nova Xbox poderá
reproducir xogos da Xbox orixinal, de Xbox 360 e de Xbox One, e moitos tÃtulos
incluso recibirán melloras para que nas máquinas máis potentes poidan ter unha
experiencia de xogo superior (sen precisar da adquisición dunha versión remasterizada).
Nesta liña tamén teñen unha funcionalidade chamada Smart Delivery, que
consiste en que os xogos de Xbox adquiridos que teñan esta prestación activada
(algo ao que xa se comprometen os estudios de Microsoft) poderán gozar sempre
da versión dos xogos para a consola máis moderna, ou sexa, que durante os
vindeiros meses poderemos mercar os últimos lanzamentos de Xbox One, e cando
merquemos a nova consola teremos a versión deses xogos para a máquina máis
potente sen ter que volver pasar por caixa, o que é unha grande tranquilidade
para os usuarios, especialmente nos vindeiros meses, xa que veremos o
lanzamento de multitude de xogos interxeneracionais.
Outro detalle moi importante da nova consola é o seu
mando, que tamén se presentou detalladamente, e podemos definilo como unha
actualización do mando da Xbox One S/X, pero incorporando elementos do mando Elite
(o que percÃbese especialmente se vemos o deseño da nova cruceta dixital). O
mando tamén mudou lixeiramente a súa forma para acomodarse a mans de distintos tamaños,
de xeito que non serÃa preciso mercar mandos de tamaño reducido para o seu uso
por parte de cativos. E como boa nova temos que estes novos mandos son
compatibles con Bluetooth de baixa enerxÃa (serán compatibles con ordenadores e
dispositivos móbiles) e tamén poden cargarse e conectarse a equipos por USB-C.
Tamén incluirán un botón de compartir, atendendo ás tendencias dos xogadores
que queren capturar momentos e compartilos ao instante cos seus amigos a través
das redes sociais, o que poderá realizarse con maior axilidade. E como último
detalle temos que incluso mudou a súa textura e acabado, facilitando un mellor
agarre, e un tacto máis agradable, suma de detalles que farán que a Xbox Series
X poida ser bastante ben recibida por moitos xogadores que continúan a pensar
que as consolas domésticas de videoxogos teñen moito futuro e son unha opción
de lecer electrónica máis sinxela e asequible que, por exemplo, os ordenadores
persoais.
VÃdeo no que desvelan numerosos detalles da vindeira Xbox Series X