A alta definición chega ós discos duros multimedia

xoves, 13 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Os discos duros multimedia están a ter unha boa acollida polos usuarios que consumen moitos contidos audiovisuais descargados da Internet, e os que queiran aproveitar a mesma posibilidade para ver vídeos de alta definición no seu novo televisor poder adquirir o Cinedisk CD26HD, que nun reducido tamaño (o disco duro é de 2,5 polgadas) e cunha capacidade de 120 Gb reproduce contidos en formatos MPEG-2, WMV9HD e DivX a resolucións de ata 1.920 x 1.080 en entrelazado e por unha saída de vídeo por compoñentes. Tamén conta con saídas de audio 5.1 (soporta tanto AC3 coma DTS).
Polo momento só se vende en Corea do Sur a 219.900 wons (uns 137 euros) o que resulta bastante axustado ó ter en conta que abre a porta á alta definición a moitos usuarios que aínda non apostan polo Blu-ray ou o HD DVD e, pola contra, atopan na Rede moitos contidos do seu gusto.

PUBLICIDADE