A aula CeMIT de Ribeira acolle dous obradoiros de tecnoloxÃa creativa para a rapazada
martes, 27 de xullo do 2021
A
aula CeMIT de
Ribeira vai dar cabida durante o mes de agosto a dous obradoiros
gratuÃtos para a rapazada destinados a aprenderlles a usar a
tecnoloxÃa dun xeito creativo, participativo e construtivo. Trátase
de dous talleres abeirados ao
programa STEAM, derrubando estereotipos, impulsados pola Asociación
Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Os
obradoiros celebraranse os dÃas 10 (para rapaces de 8 a 11 anos) e
12 de agosto (de 12 a 15 anos) e estarán impartidos por un membro da
dita asociación AGASOL.
As
actividades introducirán aos asistentes nos seguintes contidos
tecnolóxicos:
•
MakeyMakey: MakeyMakey é un kit de creación interactivo para
experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a
programación con Scratch.
•
Scratch: Scratch é unha linguaxe de programación creado polo MIT e
especialmente deseñada para que todo o mundo poida iniciarse no
mundo da programación.
•
CircuÃtos en papel: Aprenderase á rapazada a facer funcionar un
circuÃto eléctrico cun só LED e que este brille nun papel. Tamén
se introducirá aos participantes en proxectos máis avanzados que
requiren coñecementos e experiencia en programación e involucren ou
uso de diferentes sensores e actuadores. Poderán elaborar postais
pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...
As
inscricións ábrense este 27 de xullo Pódense formalizar ben na
aula CEMIT de Ribeira ou
vÃa web.