A beta de Star Wars Battlefront estará aberta para todo o mundo
xoves, 17 de setembro do 2015
Até o 19 de novembro non poderemos facernos cunha copia de Star Wars Battlefront,
pero as ansias dos xogadores van verse satisfeitas a primeiros de outubro a través dunha
beta que permitiranos botar unha ollada ao que achegará o novo título da
franquía cinematográfica en forma de videoxogo, e que finalmente non estará
limitada, como é habitual, aos xogadores que merquen o xogo de xeito
anticipado, senón que chegará a PS4, Xbox One e PC (Origin) con modos en liña e
sen conexión aberta
para todo o mundo, aínda que polo momento non detallan a data exacta na que
estará dispoñible.
A beta do xogo permitiranos participar na batalla de Hoth, en pleno ataque de
unidades AT-AT, e na que tamén poderemos probar un
novo modo táctico e cheo de acción na Área de cápsulas, que vén a ser unha
especie de rei do outeiro, no que o
obxectivo son as cápsulas de escape que cruzan a atmosfera e cae sobre a
superficie planetaria, e na que os rebeldes e imperiais enfrontaranse en
partidas de 8 contra 8 para capturar e controlar as devanditas cápsulas. Este
modo de xogo poderase empregar en distintas localizacións, estando na beta a
que corresponde a Sullust.
Na beta tamén teremos o modo de misións Supervivencia, no que estaremos varados
en Tatooine e deberemos sobrevivir en solitario ou cun amigo que poderá
acompañarnos en local ou en liña.
Nas vindeiras semanas irán dando máis detalles sobre esta beta que contribuirá
a crear expectación ao redor dun dos xogos máis agardados para a campaña de
Nadal, sendo un dos principais produtos amparados polo regreso da saga de Star Wars ás salas cinematográficas.
- Na beta poderemos movernos por unha Zona de Impacto en Sullust onde capturar e controlar cápsulas de escape que caen á superficie do planeta