A cámara Samsung Gear 360 finalmente sairá á venda o vindeiro venres

mércores, 27 de abril do 2016 Marcus Fernández

En febreiro Samsung acompañou a presentación do novos Galaxy S7 e S7 edge cunha interesante cámara de vídeo en 360 graos que permitiría que os novos smartphones insignia non só puidesen empregarse para consumidor contidos envolventes mediante as Gear VR, senón que tamén permitirían producir este tipo de contidos que encaixan convenientemente co emerxente fenómeno da realidade virtual. Naquel momento comentouse que a cámara chegaría ao mercado no mes de abril, e cando parecía que Samsung non ía cumprir o prometido, pero finalmente confirmou que a cámara Samsung Gear 360 sairá á venda o día 29, ou sexa, este mesmo venres.
Esta cámara está composta por dous obxectivos de ollo de pez con sensores CMOS de 15 Mpíxeles que son capaces de rexistrar todo o contorno ao seu redor en imaxes de 30 Mbpíxeles (7.776 x 3.888 píxeles) ou vídeo de 3.840 x 1.920 píxeles a 30 fotogramas por segundo, almacenándose o resultado nunha tarxeta microSD de até 128 GB, que en combinación coa súa aplicación móbil, convértese nunha das solucións de vídeo en 360 graos máis atractiva do mercado, especialmente por permitir a previsualización en tempo real dende os smartphones de alta gama de Samsung.
A Samsung Gear 360 mide 66,7 x 56,2 x 60 milímetros, pesa 153 gramos (incluíndo a súa batería de 1.350 mAh) e conta con Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, USB 2.0 e NFC, así como tamén goza de resistencia ao po e á auga (IP53), polo que estariamos ante un accesorio realmente completo, que ten moitas bazas para converterse na introdución dun uso social do vídeo envolvente.

A nova cámara de 360 graos podería converterse no centro de moitos actos sociais, facilitando o seu rexistro inmersivo

PUBLICIDADE