A demo de Final Fantasy XIII durará unhas 2 horas

martes, 19 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Portada da revista nipona que adiantou os detalles sobre a demo do novo xogo de Square Enix

A revista xaponesa Famitsu adiantou distintos detalles sobre Final Fantasy XIII que sairá para Xbox 360 e PS3, coma capturas do xogo, detalles sobre o sistema de loita empregado (que será distinto ao de Final Fantasy XII) e a trama (cada personaxe terá a súa propia liña argumental, de xeito que cada un pode considerarse protagonista) e destacando que a demo que sairá do xogo irá nun disco normal de PS3 (sen limitación de rexión, o que permitirá a súa difusión internacional) e terá unha duración dunhas dúas horas, ou sexa, que sería incluso máis largo que a película coa que se distribuirá inicialmente.
Deste xeito, os usuarios que adquiran o Blu-ray de Final Fantasy VII: Advent Children poderán gozar unha importante adianto da saga de xogos máis popular de Square Enix, aínda que cómpre destacar que de ser a demo máis curta tampouco permitiría aos usuarios facerse unha boa idea do que dará de si o título completo, polo que podemos entender que a duración da versión de demostración reflicte a confianza que teñen os seus responsables no título, xa que agardarían que a proba do xogo levase aos usuarios a non poder prescindir da versión íntegra do mesmo.
Os usuarios que non vaian a facerse cunha copia de Advent Children en Blu-ray ou que non teñan unha PS3 poderán facerse unha idea da espectacularidade de Final Fantasy XIII a través do seu trailer xaponés:

PUBLICIDADE