A demo de Final Fantasy XIII estrearase nunha película de animación en Blu-ray

luns, 4 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Escena da impresionante película de animación tridimensional Advent Children

A asociación entre o formato de discos Blu-ray e a consola de videoxogos PlayStation 3 parece inquebrantable, e coma exemplo tempo que a película de animación Advent Children, situada no universo do xogo Final Fantasy VII e xa publicada en España en DVD, incluirá unha grata sorpresa na súa edición en alta definición, pois no seu disco Blu-ray se incluirá de xeito exclusivo e temporal unha demo de Final Fantasy XIII, de xeito que só os usuarios de PS3 poderán ter un adianto do xogo, aínda que máis adiante se incluirán versións demo tanto na PlayStation Network coma en Xbox LIVE.
O xogo non sairá á venda ata 2009 (tanto para PS3 como para Xbox 360), e parece que se fará esperar uns meses porque Advent Children en Blu-ray aínda sairá no mes de marzo, polo que parece difícil que o xogo completo se venda antes do verán.
A nova versión da película non se limitará a mellorar a resolución gráfica, senón que tamén incorporará máis detalles e escenas, no que será unha edición definitiva.

PUBLICIDADE