A división de videoxogos da Warner prepara 5 tÃtulos para plataformas móbiles
martes, 3 de marzo do 2015
Warner
Bros. Interactive Entertainment non se conforma con lanzar grandes xogos para
consolas domésticas, e quere beber do éxito dos xogos para dispositivos móbiles,
polo que anuncia que está a desenvolver 5 novos tÃtulos deste tipo que chegarán
ao longo do ano. A filial de videoxogos da Warner leva un tempo collendo as
rendas do negocio dos videoxogos da súa compañÃa matriz, en vez de deixalos a
compañÃas alleas que licencien as súas marcas, de xeito que nos últimos catro
anos lanzaron 25 xogos que superaron os 150 millóns de instalacións.
O primeiro xogo móbil anunciado hoxe pola Warner é Batman: Arkham Underworld,
desenvolvido por Turbine, e que xa
permite a inscrición
á súa fase de probas. O tÃtulo convÃdanos a construÃr o noso agocho en
Gotham City, para formar e adestrar a un exército de matóns cos que dominar a
cidade. No xogo farán acto de presenza viláns do universo de Batman: Arkham como Riddler, Harley
Quinn e Killer Croc.
O mesmo estudio tamén está a traballar en Game
of Thrones, un xogo baseado na popular serie de televisión no que haberá
que participar en combates estratéxicos para facerse co control dos Sete
Reinos.
Dos NetherRealm Studios chegará unha curiosa proposta, Mortal Kombat X, que en vez de ser unha adaptación directa do xogo
de loita de acción pura e dura que veremos en consolas, combinará a loita con
cartas e escenas cinemáticas, facéndoo máis xogable en dispositivos móbiles, á
vez que se diferenciará claramente da proposta arcade tradicional.
Un tÃtulo que xa está dispoñible en múltiples plataformas, LEGO Batman: Más Allá de Gotham, tamén dará o salto ao móbil e ás tabletas
nos vindeiros meses da man do mesmo estudio (TT Games) e manténdose no Universo
DC dende WB Games San Francisco chegaranos DC
Comics Legends, un xogo de rol móbil no que coleccionaremos a heroes e
viláns da banda deseñada que formarán equipos para superar distintos
enfrontamentos.