A dixitalización das empresas centra este xoves unha vídeo-conferencia de COFER

mércores, 20 de maio do 2020 S. P.

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, COFER, en colaboración das empresas tecnolóxicas 2KSystems e Hyliacom, celebrará este xoves 21 de maio unha vídeo-conferencia sobre Tecnoloxías da información, na que participarán Pablo Rivera, director técnico de 2KSystems e Hugo Fraga, director de Hyliacom. Na sesión, que se vai desenvolver en horario de de 19:00 a 20:00 horas, abordaranse temas de interese para a nova orde de cousas que segue ao Estado de Alarma e para un futuro empresarial que por obriga terá que ser máis dixitalizado: temas como a aplicación efectiva de sistemas de teletraballo, a ciberseguridade ou o proceso de dixitalización das empresas.
Para máis información e inscricións podemos poñernos en contacto cos organizadores a través do teléfono 981 333 322 ou polo correo electrónico cofer@cofernet.com.
Respecto das especificacións técnicas, a conexión levarase a cabo con Microsoft Teams. Segundo indican dende COFER, inicialmente non é necesario que esteamos rexistrados nin ter instalada a ferramenta, xa que se pode executar directamente desde un navegador web. “En caso de usar un dispositivo móbil habería que instalar a aplicación gratuíta de Microsoft Teams”, engade.

PUBLICIDADE