A edición de coleccionista de Strangehold para PS3 incluirá unha película Blu-ray no mesmo disco

mércores, 23 de maio do 2007 Marcus Fernández

Os inicios de formatos coma o Blu-ray e o HD DVD parecen atallarse vendendo as películas dos novos discos en combos, ou sexa, incluíndo unha copia en DVD para que se poidan reproducir sen problema cando non se teña un reprodutor de alta definición a man, pero do que non había precedentes era da combinación dunha película de alta definición e dun videoxogo, que chega coa edición de coleccionista de Strangehold para PlayStation 3.
Así, o xogo baseado na película de John Woo Hard Boiled, incluirá unha copia en Blu-ray Disc do filme protagonizado por Chow Yun-Fat, incrementando o seu prezo en só 10 dólares con respecto á edición estándar do xogo.
Con esta nova edición do xogo demóstrase o diferencial que supón que a PS3 inclúa de serie un lector de discos Blu-ray, posto que nun único disco se poden incluír tanto o xogo da consola como a película no que está baseado, algo que non sería posible no formato DVD (que non tería capacidade suficiente).
A película de John Woo foi todo un clásico do cine de acción de Hong Kong, que seguro que agradecerán os xogadores de Strangehold:


Strangehold aparecerá non só para PS3, senón que tamén contará con versións para PC e Xbox 360, aínda que haberá que agardar a finais do verán para poder mercalo, sendo un produto moi agardado, aínda que parece que a edición de PS3 eclipsará ó resto pola súa innovadora edición de coleccionista:

PUBLICIDADE