A edición definitiva de Dark Souls II tamén terá versión para PS4 e Xbox One
martes, 25 de novembro do 2014
Bandai
Namco anunciou hoxe que o seu xogo Dark Souls II dará finalmente o
salto á nova xeración de consolas grazas a que a súa nova expansión Dark
Souls II: Scholar of the First Sin, que porase á venda o 7 de abril e,
aparte das versións para PC, Xbox 360 e PS3, tamén terá versións para Xbox One
e PS4.
As novas versións do xogo incluirán mellores gráficos, unha xogabilidade
equilibrada, un meirande número de xogadores en liña, máis inimigos, máis
personaxes non xogables, novos eventos... e non se quedará nos contidos da
expansión, senón que tamén incluirá os contidos descargables anteriores (os DLC
da Coroa do Rei Afundido, da Coroa do antigo Rei de Ferro e da Coroa do Rei de
Marfil), polo que estariamos ante a versión definitiva de Dark Souls II.
Os que xa teñan o xogo para as anteriores consolas poderán gozar da expansión como
contido descargable.
- A nova entrega de Dark Souls II mellorará graficamente para as consolas de nova xeración
Trailer de Dark Souls II: Scholar of the First Sin