A emoción da Fórmula 1 no iPhone por menos dun euro

luns, 4 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Se hai algo no que destaquen os xogos para iPhone e iPod Touch, é que pese a permitir unha experiencia de xogo bastante completa e, en moitas ocasións, equivalente á conseguida en consolas portátiles como a PSP ou a Nintendo DS, o seu prezo mantense bastante contido, e como excelente exemplo temos ao Grand Prix Liveracing, un xogo de carreiras de coches de F1 con gráficos 3D no que contamos con 5 coches e 4 circuítos que venden por só 0,79 euros.
O xogo conta con modo normal (contra a máquina) e multixogador en liña. No modo carreira poderemos ir desbloqueando coches e pistas e o seu control fai uso do acelerómetro para guiar o vehículo e da pantalla para controlas a aceleración e o freo.
Podemos ver o xogo en funcionamento no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE