A empresa Belkin lanza un rato limpo

venres, 3 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Ata o día de hoxe os ratos dos nosos ordenadores, nun momento ou outro, comezaban a xuntar partículas de suciedade até perder a súa brancura orixinal e semellarse máis ben a un rato verdadeiro. Ante a devandita escea entrentámonos ó dilema, “poderase lavar o rato?”, e “se lle entrase auga ou humidade, seguiría funcionando?”
A empresa Belkin, ubicada na cidade de Los Angeles, xa ten á venda un rato lavable o cal grazas á súa superficie resistente á auga pódese mollar e desinfectar sen risco de arruinar o mecanismo interno.
O rato pódese mercar na páxina web da empresa por uns 30 dólares (uns 22 euros) e, ó igual que outros compañeiros de fatigas permeables, este conéctase ó ordenador mediante unha conexión usb. Entre as características do hixiénico trebello, os fabricantes destacan que pode ser empregado sobre unha grande variedade de superficies, e que ten unha tecnoloxía óptica de 1200 dpi.

PUBLICIDADE