A experiencia das altas velocidades no Racing Team Manager

xoves, 17 de xullo do 2008 Raquel Noya

Friendware e RTL Games veñen de presentar o Racing Team Manager, un xogo de “alta velocidade” no que os usuarios toman o control absoluto das súas escuderías facendo de representantes dos equipos e incluso construíndo os seus propios vehículos de competición empregando ata 16 compoñentes distintos.
O xogo soporta modo multixogador de ata dúas persoas en rede local ou Internet e conta con máis de 15 circuítos distintos, máis de 170 condutores e outros 370 membros do equipo.
Racing Team tamén conta cun editor para afacer os nomes e as características dos pilotos e das escuderías aos gustos do xogador e permítelle a este tomar o control dunha escudería xa creada ou crear a súa propia.
Os usuarios deste novo xogo presentado por Friendware poden, entre outras cousas, deseñar os plan de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías avanzadas, negociar cos pilotos, subministradores e anunciantes ou levar as rendas de calquera escudería do xeito máis realista posible.
A aplicación conta, asemade, cos comentarios do antigo piloto Christian Danner, experto en Fórmula 1 e colaborador dun programa de velocidade da televisión alemá RTL. Danner, xunto con outros expertos desta modalidade participou no asesoramento do equipo que desenvolveu o Racing Team Manager co que os seus creadores coidan que se trata dun videoxogo dotado “dun realismo nunca visto nun xogo destas características”.

PUBLICIDADE