A familia de móbiles Xperia medra no Xapón

mércores, 9 de maio do 2012 Marcus Fernández

O Xperia SX só pesa 95 gramos

Sony Mobile Communictions presentou hoxe 2 novos móbiles con Android 4.0 da familia Xperia deseñados para o mercado xaponés, o Xperia GX e o Xperia SX, que buscan achegar unha boa velocidade de acceso á Rede (conta con LTE de ata 75 Mbps) e permitir gozar dunha experiencia de uso multi pantalla mediante a compartición de contidos.
Estes novos smartphones contan con procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, pantallas de alta calidade (grazas á tecnoloxía Mobile BRAVIA Engine), soporte de vídeo de alta definición e a posibilidade de amosar os seus contidos en pantalla grande a través de DLNA ou HDMI.
O Sony Xperia GX chega cunha impresionante pantalla de 4,6 polgadas de alta definición, 16 Gb de almacenamento interno e cámara de 13 Mpíxeles con gravación de vídeo a 1.080p e a posibilidade de capturar imaxes panorámicas en 3D; mentres que o Sony Xperia SX opta por unha pantalla de 3,7 polgadas (redución de tamaño que fai que só pese 95 gramos), 8 Gb de capacidade interna, cámara de 8 Mpíxeles con gravación de vídeo en alta definición e imaxes panorámicas en 3D, e características específicas para o mercado nipón como porto de infravermellos, moedeiro electrónico e televisión móbil. Ambos estarán dispoñibles dende o verán en branco e negro.

O Xperia GX conta cunha pantalla de 4,6 polgadas

PUBLICIDADE