A filla do Profesor Layton tomará o seu relevo nun novo xogo
mércores, 27 de xullo do 2016
Tras completarse a saga de xogos do Profesor Layton, dende
Level-5 queren espremer a franquÃa con novos tÃtulos que conserven a esencia
orixinal pero que conten con novos personaxes, e asà anuncian
Lady Layton: The Conspiracy of King
Millionaire Ariadne, un xogo que non só sairá para Nintendo 3DS, senón
que tamén contará con versións para iOS e Android e chegará ao mercado nipón a
vindeira primavera, descoñecéndose os plans de comercialización internacional
do xogo.
A nova historia estarÃa protagonizada por Catriel Layton, filla do profesor
Hershel Layton, e que tamén serÃa unha detective disposta a resolver os estraños
incidentes que acontece na cidade de Londres, que van dende atopar a unha
mascota perdida até resolver un asasinato, para o que haberá que enfrontarse a
pequenos quebracabezas.
Dado que Catriel aÃnda é unha novata, non vai acompañada por un aprendiz, senón
por un can que fala, Sharo, e que servirá de axuda aos seus razoamentos.
- O xogo instaranos a resolver numerosos quebracabezas
Tráiler do futuro xogo de Lady Layton