A galega Cinfo leva a súa tecnoloxía intelixente ao Club Balonmán Errotabarri
venres, 25 de setembro do 2020
A
firma galega Cinfo vén de levar o sistema Tiivii,
a súa tecnoloxía accesíbel destinada á produción de eventos na
nube asistida con Intelixencia Artificial, ao pavillón deportivo (o
pavillón Miguel Ángel Banco de Ermua, Euskadi) do Club Balonmán
Errotabarri. O obxectivo foi achegar á entidade deportiva a
tecnoloxía máis avanzada en produción automática de directos
deportivos. Grazas a Tiivii, o club vasco poderá transmitir en
directo e “de maneira totalmente automatizada” os seus partidos
sen necesidade de intervención humana a través do uso de
Intelixencia Artificial e da súa mesa de produción na nube. En
definitiva, engade a empresa coruñesa Cinfo, grazas á tecnoloxía
de Tiivii os seareiros poderán “seguir evolución do seu equipo
desde calquera lugar”.
Adicionalmente,
a tecnoloxía galega dará ao club a posibilidade de gravar os seus
adestramentos así como os partidos para analizalos e seguir
mellorando o nivel todos os equipos. “Co uso de Tiivii”, explica
Cinfo, “Errotabarri convértese no primeiro club deportivo de
balonmán de Euskadi en implementar esta solución”.