A galega Enxendra Technologies participa nun importante proxecto europeo de facturación electrónica

luns, 12 de agosto do 2019 Redacción

JPEG - 93.7 KB
Xuntanza de lanzamento do consorcio do proxecto EUROINV

A empresa galega Enxendra Technologies S.L (Docuten), experta en facilitar a transformación dixital dos procesos administrativos de sinatura, factura e pagamentos, acordou participar proxecto europeo EURINV, un proxecto de facturación electrónica cofinanciado pola Comisión Europea dentro do programa de telecomunicacións CEF, administrado por INEA (axencia Innovación e Executivo de rede) a través de CEF-TC-2018-2, no que Enxendra Technologies S.L (Docuten) é o único participante español e comparte proxecto con outras 6 empresas europeas dedicadas á facturación electrónica.
Este proxecto encaixa na estratexia de internacionalización da empresa galega, xa que o principal obxectivo de EURINV é mellorar a facturación electrónica en Europa mediante a adopción do estándar europeo (EN), permitindo transaccións transfronteirizas de acordo coa Directiva 2014/55/UE e a normativa dos Estados membros.
Como resultado deste proxecto, as plataformas na nube de facturación electrónica das 7 empresas participantes no proxecto serán actualizadas para cumprir plenamente o estándar europeo (EN), incluída a sintaxe aprobada por CEN (UBL 2.1 e CII). Ademais, dúas entidades públicas adoptarán unha solución de facturación electrónica estándar europea compatible.
Este apoio da Comisión Europea reforza a estratexia de internacionalización da empresa galega, xa que lle permite proporcionar servizos de facturación electrónica válidos en todo o espazo da comunidade europea.

PUBLICIDADE