A innovación para incrementar as compras centra un congreso de AERCE en Vigo

xoves, 12 de decembro do 2019 Redacción

A Asociación española de Profesionais de Compras, AERCE, vai organizar os días vindeiros un encontro profesional que terá o comercio electrónico e as tecnoloxías e servizos que o fan posíbel no seu punto de mira. Falamos do I Congreso de Compradores de Galicia, que se celebra o martes 17 de decembro na sede do Círculo de Empresarios en Vigo (avenida de García Barbón 62).
En palabras da entidade organizadora, será un evento para coñecer os principais proxectos que se están a desenvolver dende o ámbito da innovación en actividade comercial, durante o que se presentarán experiencias concretas de empresas referenciais, como Delagro, Conservas Garavilla ou Nova Pescanova.
Amais, o congreso facilitará recursos para entender a visión das compras dende a perspectiva dun director executivo (un CEO), sobre os perfís que se están a demandar na selección do director de compras, ou, tamén, sobre as solucións de dixitalización e Intelixencia Artificial que están a impulsar as novas estratexias de competitividade e rendibilidade de centos de empresas de múltiples sectores.

PUBLICIDADE