A minineveira de Xbox poderá reservarse a semana que vén

venres, 15 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Tras facerse viral un refrixerador cun deseño semellante ao da consola Xbox Series X, Microsoft prometeu levar o concepto á práctica dun xeito ao alcance dos seus seareiros, e hoxe confirman que grazas á colaboración con Ukonic o 19 de outubro abrirán a reserva do Xbox Series X Replica Mini Fridge Thermoelectric Cooler, ou sexa da minineveira de Xbox.
Esta pequena neveira con forma de Xbox Series X presenta un deseño negro mate, con iluminación LED e capacidade para até 12 latas de bebida, incluíndo tamén un par de estantes para aperitivos e un porto USB para poder cargar dispositivos.
En Europa será posible adquirir a minineveira en establecementos de Game en Reino Unido e de Game Stop e Micromania noutros países entre os que non figura España, onde polo momento semella que o único xeito de conseguir o novo trebello será a través do distribuidor Toynk (presente en Amazon). Microsoft asegura que ao longo de 2022 mellorarán a dispoñibilidade xeográfica deste atractivo electrodoméstico.

Vídeo de presentación da minineveira de Xbox

PUBLICIDADE