A mocidade de Ponteareas sácalle punta ao seu talento en robótica

mércores, 17 de abril do 2019 Redacción

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera, organizou esta semana, entre o luns e hoxe, un Obradoiro de Iniciación á Robótica e á Programación co mClon.org encamiñado a mozas e mozos de secundaria e bacharelato. A edil agradeceu este mércores a implicación do alumnado, salientando o alto número de alumnas e alumnos na actividade que remata hoxe logo de tres días de aprendizaxe e diversión.
A cita, que veu da man da dita Concellería e da iniciativa docente Roboteach, ofreceu un total de quince prazas. A actividade formou parte do programa específico xuvenil de Ponteareas, Mocidade Viva.
Para quen non o saiba, mClon é un robot educativo de baixo custo baseado no hardware-software libre Arduino e que salienta pola súa versatilidade para dar forma a múltiples enxeños e para adaptarse a unha manchea de niveis educativos. Está especialmente indicado para traballar en secundaria e bacharelato.

PUBLICIDADE