A morte de Osama bin Laden xa está presente en videoxogos

luns, 9 de maio do 2011 Marcus Fernández

O terrorista aparece no capítulo final de KUMA\WAR II

A morte de Osama bin Laden está a ser unha importante fonte de inspiración no mundo dos videoxogos, dando pé a mapas e modificacións de videoxogos para adaptarse a tal evento de máxima actualidade, como o mapa fy_abbottabad para o xogo Counter Strike: Source, que permite introducirse na residencia do líder terrorista; mentres que a xente de Kuma Games foi moito máis ló e presentan o episodio final que fai a misión número 107 de KUMA\WAR II (que vén a desenvolverse dende 2003 facendo un seguimento dos conflitos militares repartidos polo mundo) e que agora permite introducirse no recinto no que está agochado Osama bin Laden, enfrontándose á súa última liña de defensa, recreando a misión armada nun episodio que leva por título The Death of Osama bin Laden (A Morte de Osama bin Laden). Aínda que este xogo estaba bastante esquecido, con este novo episodio aseguran que a guerra chega á súa fin.

Mapa para o último Counter Strike inspirado no recinto no que se agochaba Osama bin Laden

PUBLICIDADE