A nVIDIA GeForce GTX 1080 Ti é a primeira gráfica capaz de mover VR en 4K

mércores, 1 de marzo do 2017 Marcus Fernández

A gráfica nVIDIA GeForce GTX 1080 leva dende maio marcando o teito de potencia gráfica para videoxogos e solucións de realidade virtual, pero vén de pasarlle o relevo ao último produto de nVIDIA, a gráfica GeForce GTX 1080 Ti, que convértese na gráfica para xogos máis rápida do mercado, superando un 35% á GTX 1080 grazas a que combina 3.584 núcleos nVIDIA CUDA e conta cun frame buffer de 11 GB a 11 Gbps.
A primeira consecuencia deste incremento de potencial é que estariamos ante a primeira gráfica capaz de mover realidade virtual en ultra alta definición (4K), soportando tamén tecnoloxías como nVIDIA G-SYNC HDR e nVIDIA GameWorks, ou sexa, que é todo un portento para o lecer electrónico, que permite gozar dos últimos xogos a niveis de detalle inéditos, e ábrese a posibilidade aínda non explotadas na realidade virtual.
O prezo de referencia da GeForce GTX 1080 Ti sería de 699 dólares, e as novas gráficas comezarían a chegar ao mercado a semana que vén, o que vai ter un impacto directo no prezo da GeForce GTX 1080, que partirá agora dun prezo de 500 dólares, facendo cada vez máis asumible o gozar de xogos e experiencias de realidade virtual cun elevado nivel de detalle e alta velocidade de refresco.

Vídeo de presentación da nVIDIA GeForce GTX 1080 Ti

PUBLICIDADE