A nVIDIA SHIELD chega a España este mes

venres, 10 de xuño do 2016 Marcus Fernández

O ano pasado nVIDIA lanzou ao mercado unha consola de videoxogos baseada en Android TV, a nVIDIA SHIELD, que promociónase como un dispositivo multi-función que tanto pode servir para achegar Android TV ao televisor, para reproducir contidos en liña en 4K, para gozar de videoxogos (especialmente a través do servizo GeForce NOW, que ofrece xogos en streaming) e que o vindeiro 20 de xuño chegará oficialmente a España a un prezo de 199,99 euors na versión con 16 GB de almacenamento interno e de 299.99 no caso do modelo PRO con 500 GB de disco duro. En ambos casos o trebello para conectar ao televiso incluso un SHIELD Controller, sendo posible mercar por separado un mando a distancia (que custaría 54,99 euros).
A nVIDIA SHIELD con Android TV funciona cun potente procesador nVIDIA Tegra X1 cunha GPU de 256 núcleos e 3 GB de RAM, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.1, Gigabit Ethernet e USB 3.0, mide 210 x 130 x 25 milímetros e pesa 654 gramos, de xeito que teriamos unha das consolas domésticas máis pequenas do mercado, pero ofrecendo algo máis que xogos, xa que este produto busca converterse nun grande complemento multimedia.

Vídeo de presentación da nVIDIA SHIELD

Un completo servidor multimedia

De feito Plex confirman que a potencia da nVIDIA SHIELD permítelle non só reproducir contidos audiovisuais, senón tamén transcodificalos en tempo real, ou sexa, que o procesador de 64 bit e a gráfica integrada fan que a SHIELD sexa un magnífico servidor de contidos multimedia que logo poderemos reproducir en remoto dende consolas, smartphones, tabletas, ordenadores... de xeito que estariamos ante a primeira solución todo-en-un de Plex, que serviría tanto para servir como para reproducir contidos audiovisuais de até ultra alta definición a 60 cadros por segundo. De todos os xeitos, para poder gozar de Plex na nVIDIA SHIELD haberá que agardar a unha actualización que recibirá o dispositivo antes de rematar o presente mes (momento a partires do que o servidor de Plex recibirá actualizacións de xeito automático).
Cun servidor Plex podemos organizar os nosos contidos audiovisuais nun completo catálogo no que aparecen portadas, sinopses e valoracións das nosas series de televisión e películas favoritas, podendo levar tamén un rexistro dos contidos que imos vendo, de xeito que sería algo semellante a ter un Netflix persoal.

Vídeo no que dan conta da posibilidadde de converter a nVIDIA nun servidor de Plex

PUBLICIDADE