A nVIDIA Titan RTX será a gráfica máis potente para escritorios domésticos

luns, 3 de decembro do 2018 Marcus Fernández

nVIDIA presentou as súas novas gráficas Titan RTX, que póñense en cabeza no ámbito doméstico, achegando un desempeño masivo para aplicacións creativas, análise de datos e investigación con intelixencia artificial grazas á súa nova arquitectura nVIDIA Turing, que coas novas gráficas permiten chegar até os 130 TFLOPS en deep learning e os 11 gigarays en raytracing.
A nova nVIDIA Titan RTX poderá mercarse a finais de mes por 2.699 euros, achegando 576 núcleos Tensor, 4.608 núcleos CUDA, e 24 GB de memoria GDDR6 cun largo de banda de até 672 GB/segundo, que é todo un portento de potencia gráfica capaz de ofrecer resolucións de até 8K a 60 imaxes por segundo nun único enlace, e que tamén conta con conector VirtualLink para simplificar a conexión de castos de realidade virtual. Tamén é posible empregar unha ponte NVLInk (cun largo de banda de até 100 GB/segundo) para conectar un par de tarxetas deste tipo e así poder escalar o rendemento ao gozar de 48 GB de memoria.

PUBLICIDADE