A nova entrega de Civilization chegará para as consolas de nova xeración o 6 de xuño
luns, 28 de abril do 2008
- Civilization Revolution presenta uns gráficos moi coidados
Entre
os dÃas 24 e 25 de maio, no
marco da londiniense MCM Expo, 2K Games presentar o xogo Sid Meier’s Civilization
Revolucion que o vindeiro dÃa 6 de xuño chegará ás tendas
europeas para Nintendo DS, PlayStation 3 e Xbox 360.
Esta nova entrega dunha saga que acadou moita sona na súas versións para PC
adáptase agora máis aos usuarios de consolas de videoxogos, e nos
permitirá elixir entre 16 civilizacións correspondentes a distintas
rexións xeográficas dirixidas por lÃderes históricos coma Xulio César,
Cleopatra, a RaÃña Isabel, Abraham Lincoln, Otto von Bismarck ou Mao Zedong,
tendo cada un 4 habilidades distintas.
O xogo de estratexia por quendas permitirá unirse a partidas en rede xa
iniciadas ou abandonar as mesmas sen prexudicar ao resto de xogadores (pois o
exército pasará a ser controlado por unha intelixencia artificial en tal
momento). Ademais, o usuarios de Xbox 360 terán contidos descargables e modo en
liña para ata 4 xogadores a través de Xbox Live