A nova pelÃcula de Harry Potter tamén chegará en forma de videoxogo
luns, 4 de xuño do 2007
O mago máis popular do cine e da literatura volverá
este verán ás grandes pantallas... e a moitas das pequenas, posto que a pelÃcula
Harry Potter e a Orde do Fénix contará
con videoxogo propio que se achegará ós usuarios da meirande parte das
plataformas de lecer electrónico, de xeito que as consolas portátiles (GameBoy
Advance, Nintendo DS e PSP), as consolas domésticas (PS2, PS3, Xbox 360 e
Nintendo Wii) e os ordenadores persoais permitirán vivir as aventuras dos máis
coñecidos alumnos da escola de Hogwarts.
De tódalas versións do xogo a que está a levantar máis expectativas é a de
Nintendo Wii, xa que incorpora como novidade o feito de poder lanzar feitizos
valéndonos do mando da Wii, o que creará unha sensación incomparable ó do resto
de plataformas, polo que as distintas adaptacións non se compararán só polas
prestacións técnicas, nas que destacarán especialmente as versións para Xbox
360 e PlayStation 3, que recrean con grande calidade os escenarios do xogo.
Como xa dixemos, o modo de xogo na Wii resulta moi prometedor:
Ademais, a música do
xogo xa está a ser gravada pola Orquestra Filharmónica de Londres, o que
garante unha ambientación sonora de primeira división.
O xogo chegará ás tendas españolas a finais de xuño e a comezos de xullo (pois
as diferentes adaptacións non sairán simultaneamente) chegando lixeiramente
antes do desembarco nas salas cinematográficas.