A nova película de Star Trek podería contar cun xogo descargable

mércores, 11 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Filtrouse á web un inserto publicitario que vai incluírse na edición en Blu-ray da primeira tempada da serie de televisión de Star Trek nos EE.UU. na que anúnciase o xogo en DVD Star Trek Scene IT? Así coma outro misterioso título chamado Star Trek D·A·C que sairía no mes de maio e que todo apunta a que sería o xogo da nova película de Star Trek dirixida por J. J. Abrams.
Parece ser que o videoxogo estaría a ser desenvolvido por Naked Sky Entertainment (responsables de Roboblitz) e sería un xogo para Xbox LIVE Arcade e PlayStation Network, o que explicaría por qué aínda non se escoitara falar do mesmo e podería indicar toda unha tendencia no sector, na que as películas preferirían apostar por videoxogos descargables que por produtos en caixa que decepcionan habitualmente aos usuarios por estar feitos ás presas.

PUBLICIDADE