A nova pelÃcula de Thor terá xogo móbil
mércores, 24 de xullo do 2013
Thor: El mundo oscuro
será o segundo filme do deus nórdico da Marvel, que chegará aos cines españois
o 8 de novembro, e como contrapartida no mundo do videoxogo confirma a
tendencia de, en vez de vir acompañado por un mediocre tÃtulo para consolas
domésticas, opta
por un xogo móbil co que compartirá nome, que estará desenvolvido por
Gameloft e que permitirá restaurar a orde nos Nove Mundos e liderar as forzas
de Asgard a través de máis dun cento de misións.
O novo xogo de Thor chegará no outono para iPhone, iPad e Android, adoptará un
estilo de xogo de RPG de acción (ao estilo de Diablo ou ao recente Dungeon
Hunter 4, tamén de Gameloft) e contará cun modo multi-xogador do que
darán detalles máis adiante. AÃnda non se confirmou o prezo que terá este
tÃtulo, pero é moi probable que siga os pasos do mencionado Dungeon Hunter 4, optando por un modelo
Free-to-Play, de xeito que poderemos descargar de balde o xogo e gozar do mesmo
sen pagar, aÃnda que podendo realizar pagamentos dentro de aplicación para
poder gozar complemente do tÃtulo.
- O xogo de Thor para móbiles será un RPG de acción
VÃdeo de anuncio do xogo Thor: The Dark World de Gameloft