A nova pulseira de actividade de Samsung sae á venda a 49 euros
xoves, 12 de novembro do 2020
As pulseiras deportivas son un produto claramente máis popular
que os reloxos conectados, especialmente polo seu prezo moi axustado, e aÃnda
que este prezos reducidos normalmente están asociados a marcas como Xiaomi ou
Huawei, dende Samsung tamén teñen produtos nesta liña, como a nova pulseira que
vén de pórse á venda en España, a Galaxy
Fit2, que axuda a levar un estilo de vida saudable, monitoriza o exercicio
fÃsico e incluso lembra practicar con periodicidade o lavado de mans, e véndese
a 49 euros, prezo que supón un claro reclamo para os que están dentro do ecosistema
de Samsung (xa que esta pulseira pode sincronizarse coa aplicación Samsung Health).
A Galaxy Fit2 promete unha autonomÃa de até 21 dÃas cun uso habitual (15 dÃas
para un uso máis intenso) e, aparte da monitorización deportiva tamén serve
para monitorizar o sono (achegando consellos para mellorar o descanso) e tamén
detecta de forma automática 5 tipos de actividades (até 90 de xeito manual)
para que poidamos gardar un rexistro da nosa actividade fÃsica e estado de
forma.
Esta nova pulseira de actividade é somerxible até 50 metros, a súa pantalla
AMOLED de 1,1 polgadas conta con máis de 70 esferas personalizadas, pode sincronizarse
co móbil para recibir notificacións e controlar a reprodución musical e como
sensores limÃtase a contar con acelerómetro, xiroscopio e sensor óptico de
frecuencia cardÃaca (ou sexa, que aÃnda non subiu ao carro da monitorización do
osÃxeno en sangue que está tan de actualidade).