A película baseada en Prince of Persia terá adaptación ao videoxogo

martes, 3 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O presidente de Ubisoft, Yves Guillemot, anunciou nunha conferencia de prensa en París que a película baseada no videoxogo Prince of Persia: Sands of Time contará cunha adaptación ao videoxogo, o que resultou realmente rechamante, e sen dúbida se tratará dunha tarefa arriscada, xa que normalmente os xogos que se levan á pantalla grande non fan a viaxe de volta.
Así, películas coa Resident Evil¸Mortal Kombat, Tomb Raider ou Street Fighter non tiveron a ousadía de contar con versión en videoxogo, aínda que outras coma Double Dragon si chegaron para máquinas recreativas (e posteriormente para PlayStation).
Poderemos ver imaxes do xogo durante o E3 do vindeiro verán, mentres que da película aínda se coñecen moi poucos detalles, coma que os seus protagonistas serán Jake Gyllenhaal e Gemma Arterton, e non chegará aos cines ata o verán de 2009,cando tamén aparecerá o xogo baseado na mesma.

PUBLICIDADE