A película de Lobezno terá videoxogo de seu

venres, 5 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Primeira imaxe do xogo de Lobezno

O número de xaneiro da revista EGM incluirá información sobre a adaptación ao videoxogo da película X-Men Origins: Wolverine desenvolvido por Raven Software (estudo responsable de títulos coma X-Men Legends ou Marvel Ultimate Alliance) e que estará protagonizado polo mutante máis famoso da Marvel, aínda que polo momento nos temos que conformar cunha imaxe promocional de Logan en acción que nos dá unha idea do que o xogo final podería amosar a nivel gráfico.
Segundo 1UP o novo xogo innovará cun sistema de escenas cinemáticas inseridas no xogo sen cortes buscando mellorar así a xogabilidade do que promete ser un título moito máis violento e con máis acción que as anteriores e decepcionantes obras de Raven Software.

PUBLICIDADE