A primeira aventura do profesor Layton chega a móbiles

martes, 25 de setembro do 2018 Marcus Fernández

A saga de xogos do Profesor Layton foi un dos éxito máis salientables de Nintendo DS e 3DS, con dúas triloxías e varios xogos independentes para distintas plataformas, e agora que as primeiras entregas semellan ter rematado a súa vida comercial volven saltando ao móbil, de xeito que a partires de hoxe podemos mercar El profesor Layton y la villa misteriosa para iOS e para Android a un prezo de 10,99 euros, de xeito que no smartphone ou na tableta podemos gozar dun xogo de hai máis de 11 anos que ten máis que constatada a súa calidade e poder á hora de cativar ao usuario.
Poder gozar en dispositivos móbiles dun xogo que vendeu máis d e17 millóns de unidades é algo que agradecerán tanto os que viviran as aventuras de Layton nas portátiles de Nintendo como os que queren agora achegarse a esta aventura de quebracabezas e misterios, que conta agora con gráficos remasterizados en alta definición, así como novos vídeos animados, de xeito que trátase dunha versión mellorada dun clásico que recolle máis dun cento de minixogos que superar.

O xogo ínstanos a superar un cento de quebracabezas para completar a súa historia de misterio

PUBLICIDADE