A publicidade integrada en xogos non parece ser a máis efectiva

mércores, 28 de maio do 2008 Marcus Fernández

Exemplo dun anuncio integrado nun xogo

A industria do lecer electrónico nos últimos meses estaba a mirar con moi bos ollos á publicidade integrada en videoxogos coma un xeito de mellorar os seus resultados económicos, pero o sistema máis natural e menos intrusivo da incrustación de anuncios (que aparecerían nos xogos coma se ven no mundo real) non parece ser efectiva segundo declaracións do fundador de Wild Tangent, Alex St. John, quen asegura que estas solucións que xa aplicaron en moitas ocasións carecen dun «método de medición do valor do anuncio» e tamén teñen dificultades para o seguimento das campañas.
Tamén asegura que é un erro interromper un xogo para amosar un anuncio, de xeito que pensa que a solución idónea a adoptar sería deixar elixir ao usuario se pagar polos xogos ou xogar de balde a cambio de ver anuncios durante a carga dos xogos. St. John asegura que el mesmo aceptaría ver un anuncio de Cola-Cola nun vídeo de 30 segundos durante a carga dun xogo se grazas a iso puidese xogar de balde, destacando que vender publicidade orientada a partidas funciona moi ben para calquera tipo de xogo.

PUBLICIDADE