A rede Telépole conecta a seis parques empresariais de Galicia e o Norte de Portugal

luns, 12 de maio do 2008 Raquel Noya

A rede Telépole vén de conectar -por primeira vez na historia- a 6 parques empresariais a través de conexión VolP que beneficiará a máis de 600 empresas instaladas en Galicia e no Norte de Portugal.
Esta rede telemática, que foi desenvolvida baixo o proxecto europeo PARQUE (Potenciación e afianzamento competitivo de recursos de uso empresarial), está baseada en Voz sobre Protocolo de Internet (VozIP) ou VoIP (as súas siglas en inglés) e consiste nun grupo de recursos que fan posible que o sinal de voz viaxe a través de Internet empregando un protocolo IP (Internet Protocol). Isto significa que o sinal de voz transmítese de xeito dixital e en paquetes, en troques de ser enviada de forma dixital ou analóxica a través de circuítos empregables só para telefonía, o que supón numerosas vantaxes sobre outros tipos de conexión.
A rede Telépole está composta polos catro parques de Galicia e dous do Norte de Portugal que no pasado mes de abril levaron a cabo as probas de conexión entre eles con resultados satisfactorios.
Os principais obxectivos do proxecto PARQUE son “mellorar os servizos básicos nos parques existentes, coa implementación de servizos avanzados de transferencia tecnolóxica, e estender a sociedade da información entre as pemes dos devanditos parques participantes”.
Mañá martes, 13 de maio, terá lugar unha demostración do funcionamento da rede Telépole en cada unha das sedes dos parques participantes no proxecto; será ás 11:00 hora española (10:00 hora portuguesa).

PUBLICIDADE