A rede de nova xeración de R chegará a medio milleiro de empresas e fogares de Combarro
xoves, 10 de outubro do 2019
O
concello pontevedrés de Combarro vén de sumarse ao tecido de
municipios galegos que gozan das redes ultrarrápidas de Internet a
través de fibra óptica (tecnoloxía FTTH de última xeración) que
subministra a compañía galega
R. O fornecemento destas tecnoloxías en Combarro implica a
dispoñibilidade de accesos de vangarda (con servizos avanzados de
teléfono, Internet de alta velocidade con 500 Mbps simétricos e
televisión dixital multicanle de R) para 400 fogares e empresas da
localidade e a súa contorna. A esta cifra cumprirá engadir outras
100 unidades, entre negocios e entre residencias particulares, que e
incorporarán cando se complete o despregue da rede de R en Combarro.
Segundo
explica a compañía galega de cable, os traballos realizados no
concello pontevedrés tentaron tirar o máximo proveito das
infraestruturas previamente existentes nas dúas localidades.
O
fornecemento de fibra en Combarro abéiranse ao Plan PEBA-Avanza do
Ministerio de Economía e Empresa, do que R foi adxudicataria en 2016
para despregar FTTH (fibra até o edificio) nas chamadas “zonas
brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta
velocidade até este momento.
Xunto
co da provincia de Pontevedra, o operador galego conseguiu tamén a
adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo
e Ourense e outro para a da Coruña. En total, os tres proxectos
supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3
son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do
Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación
(PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na
provincia de Pontevedra o investimento total rolda os 3,35 millóns
de euros, dos cales 1,84 proceden dos fondos europeos.
R
engadiu que cando se completen os traballos de despregue nas catro
provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas
“zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e
negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os
servizos avanzados de R en Galicia.