A revista EGM resucitará en marzo

xoves, 24 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A primeiros de ano a revista Electronic Gaming Monthly (EGM), con case 20 anos de vida, dicía adeus nos EE.UU., no que era unha baixa máis nas publicacións en papel dedicadas aos videoxogos (lembremos que en España tamén dixeron adeus as revistas EDGE, NGamer, Superjuegos Xtreme e incluso a Revista oficial Xbox) e agora sorprenden anunciando que volverá aos quioscos norteamericanos en marzo de 2010, complementándose por unha edición dixital semanal que responderá ao nome de EGM: The Digital Magazine que só estará accesible para os compradores da edición impresa (na que atoparán un código que abrirá o acceso a contidos exclusivos).
Haberá que ver cómo reacciona o público ante esta interesante aposta que mestura a edición en papel coa dixital.

PUBLICIDADE