A revista Game Informer presenta cómo serán as Big Sisters de Bioshock 2

mércores, 11 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Leva varios meses anunciado que Bioshock tras o seu longo éxito en Xbox 360 e PC e o seu recente salto á PlayStation 3, vai ter unha secuela, pero poucos son os adiantos que se fixeron do mesmo, polo que os interesados deben intentar atopar pistas na web There’s Something in the Sea, mentres que a portada do vindeiro número da revista Game Informer preséntanos cómo serán as Big Sisters, en contraste cos Big Daddies da primeira entrega do xogo.
Dá a impresión de que os novos inimigos de Bioshock 2: Sea of Dreams van ser máis rápidos e agresivos, aínda que para coñecer máis detalles haberá que agardar á chegada da revista Game Informer ás tendas, pois promete 10 páxinas dedicadas ao agardado xogo que 2K preparar para Xbox 360, PC e PlayStation 3.

PUBLICIDADE