A saga de Devil May Cry volve ao seu raizame

venres, 8 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Dende os tempos da PlayStation 2 a saga de Devil May Cry tivo diversas entregas, pero ante o medo ao esgotamento Capcom decidiu facer unha especie de reboot con DmC Devil May Cry, xogo de 2013 que en 2015 chegaría ás consolas da actual xeración, e que pese a ter unha boa acollida, finalmente non tivo continuidade, e decidiron retomar finalmente a saga orixinal, de xeito que dende hoxe temos Devil May Cry 5 para PlayStation 4, Xbox One e PC.
Deste xeito temos unha nova entrega da icónica saga de hack and slash que convídanos a enfrontarnos a unha invasión demoníaca encarnando aos cazademos Nero, Dante e V (este último, un novo e misterioso personaxe que se incorpora á saga).
Cada personaxe ten un estilo de combate completamente diferente e un arsenal específico, de xeito que teremos un xogo con bastante riqueza de combate que busca culminar a saga dos Fillos de Sparda e resolver definitivamente a batalla do ben contra o mal.
Para enriquecer a experiencia de xogo, en abril estará dispoñible unha actualización de balde que incluirá o modo Bloody Palace, no que haberá que enfrontarse a hordas de inimigos atacando a toda velocidade e xefes finais até chegar ao final, ou sexa, un modo de aniquilación súper rápida.

O xogo volverá a ofrecer acción frenética e combates espectaculares
Dante, co seu deseño clásico, volve en Devil May Cry 5
V é o novo cazademos presente no xogo

Tráiler final de Devil May Cry 5

PUBLICIDADE