A semana que vén presentaranse os xogos cos que a PS5 estreará xeración de consolas
venres, 29 de maio do 2020
Sony
está a tomar con moita calma a presentación da futura PlayStation 5, resistÃndose
a amosar o deseño que terá a consola, pero do que si promete un avance é dos
seus videoxogos, para o que o
vindeiro xoves ás 22:00 horas convoca un evento no que quere avanzar o que será
o futuro dos videoxogos.
As consolas PlayStation levan máis de 25 anos no mercado, e pese a que moitos vaticinaban
que a presente xeración de consolas domésticas serÃa a derradeira, compañÃas
como Sony e Nintendo demostraron que o xogo móbil non é dabondo para facer
desaparecer os videoxogos tradicionais, e a expectación ao redor da PS5
ratifica o interese dos xogadores en facer evolucionar a súa forma favorita de
lecer electrónico.
Polo momento xa sabemos como será o mando DualSense da PS5, pero a ninguén se
lle escapa que o máis importante das consolas son os seus xogos, e a presentación
dixital que terá lugar a semana que vén será o escenario escollido para o
primeiro grande avance do catálogo da PlayStation 5. O evento dixital terá unha
duración de algo máis dunha hora, podendo realizarse o seguimento desta
presentación nas canles de YouTube
e Twitch de PlayStation.