A serie de televisión de Espartaco estrea xogo para iPhone

venres, 12 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A App Store vén de recibir un xogo para iPhone e iPod Touch de balde por tempo limitado inspirado na nova serie de televisión de Espartaco actualmente en emisión nos EE.UU., que permite revivir violentas batallas de gladiadores.
Spartacus: Blood and Sand conta con 8 loitadores xerados en 3D e que fan uso de armas características para enfrontarse aos seus contrarios. Fai uso de controis virtuais na pantalla dos terminais de Apple, cun funcionamento bastante básico que, aparte do modo de xogo para 1 único participante, tamén presenta a posibilidade de realizar enfrontamentos con outros xogadores a través de Wi-Fi ou Bluetooth.
Este título pode lembrar ao clásico xogo Barbarian, aínda que adaptado á estética da serie de televisión de Starz, e aínda que graficamente aparente un título de calidade, o seu control distan bastante do nivel de excelencia do Street Fighter IV.

O xogo ofrece un cadro de 8 personaxes


Vídeo de presentación do xogo para iPhone

PUBLICIDADE